Saturday 27 de April de 2024

Amplíase en 130.000 euros a convocatoria de axudas de comedor, adquisición de material escolar, e actividades extraescolares


A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria, aprobou a ampliación, en 130.000 euros, da dotación orzamentaria destinada as bolsas de comedor, á adquisición de material escolar e á realización de actividades extraescolares para o alumnado dos centros docentes públicos e privados concertados de Educación Infantil (segundo ciclo) e de Educación Primaria, que neste curso 2022-2023 conta cun presuposto de 665.000 euros. Con este incremento, a cantidade destinada a axudas a través deste programa ascende a 795.000 euros.

Esta ampliación divídese en dous periodos: 39.000 euros para setembro, outubro e novembro de 2022; e 91.0000 euros para o período que vai de decembro de 2022 a xuño de 2023. Para o cálculo do orzamento para bolsas comedor, a concellaría de Políticas Sociais, que dirixe Mila Castro, tivo en conta as solicitudes dos catro derradeiros anos.

Neste curso presentáronse 952 solicitudes para a totalidade do programa de axudas (bolsas escaseza de comedor, actividades e material, e bolsas de conciliación comedor); un 28% máis que no curso pasado, cando se rexistraron 739 solicitudes. Este curso, en comedor concedéronse 546 quedando en lista de agarda, 86. No apartado de actividades, concedéronse 428 quedando en lista de agarda 58 solicitudes. E en materia, concedéronse 141 solicitudes, quedando en lista de agarda 20. En canto ás bolsas de conciliación de comedor, concedéronse 120 e quedan en lista de agarda 25.

O obxecto deste aumento de 130.000 euros e atender a totalidade das becas presentadas que acadaron a puntuación mínima e, ademais, contar cunha previsión, a maiores, de 25.215,80 euros para posibles contixencias que se poidan presentar.

Outros acordos
A Xunta de Goberno tamén aprobou o texto do convenio de colaboración con cinco entidades deportivas, por un importante total de 110.500 euros; e tomou coñecemento da sinatura de outros oito convenios, tamén con entidades deportivas, por unha contía total de 79.000 euros.

Por outra banda, aprobouse o texto do convenio de colaboración entre o Concello de Santiago e o Museo do Pobo Galego por importe de 30.000 euros.